KeePass é un programa de xestión de contrasinais, gratuito, de código aberto e multiplataforma, que nos ofrece a posibilidade de gardar todos os nosos contrasinais nunha base de datos encriptada, para o que utiliza os algoritmos AES e Twofish. Recordando un único contrasinal, terás acceso ao resto deles.
A súa páxina web oficial é KeePass.info
Nesta web podes descargar:
- Versión 1.10.
- un paquete que só necesita ser descomprimido e está listo para ser executado (en Windows). Esta versión é ideal para empregar nunha memoria USB.
- o instalador ou un paquete portable (non necesita instalación, ideal para unha memoria USB) a tradución por separado (de Sourceforge). Só hai que descomprimir o arquivo “Galician.lng” no mesmo directorio no que se atopa o programa “KeePass.exe”, executalo, ir a “View->Change language…” e selecionar a versión en galego. Tras reiniciar o programa, está listo para ser usado.
- Versión 1.06.
- O arquivo de traducción para o idioma galego. Versión 1.06.
- O programa co arquivo instalado, listo para descomprimir e executar. Non se necesita instalación e pódese levar nunha memoria USB. Versión 1.06.
2 comments