O próximo sábado 25 de xuño de 2016 participarei na 3ª edición dos 100 dos International Trekkers, unha ultraandaina/ultratrail de 100 Km a realizar nun máximo de 24 horas.
Adxunto, por se pode ser de utilidade para algún participante, unha serie de arquivos de elaboración propia, a partir da información dispoñible na web da proba.
Itinerario da proba, onde se describe cada un dos 10 tramos nos que se divide a proba, en 10 páxinas.
Resumen dos perfís da proba: perfíl completo e perfís de cada un dos 10 tramos, en 4 páxinas.
Km recorridos cada hora e tempos de paso por cada avituallamento en función da velocidade da marcha (4.2, 5, 5.5, 6 e 7 km/h).
Tracks da proba, facilitados pola organización: