Libro editado por la Diputación de Lugo con rutas naturales y monumentales por la provincia de Lugo.
Tag: montaña
Andaina Costa Ártabra – 2017
O sábado 10 de xuño do 2017 participei por primeira vez na Andaina Costa Ártabra, organizada polo Clube de Montaña Ferrol, que transcurriu polos camiños e sendeiros dos Concellos de Ferrol. Só había 1 versión, a de 50 km.
A continuación describo a proba, tanto a información previa como a proba en si.
IV Andaina Montes de Vigo – 2017
O domingo 28 de maio do 2017 participei por primeira vez na Andaina Montes de Vigo, que transcurriu polos camiños e sendeiros do Concello de Vigo. No meu caso participei na de 40,1 km. Ademais había outras 3 versións, de 28,9 km, 20,1 km e e 11,2 km, unha ruta adaptada para persoas con mobilidade reducida e actividades para realizar con toda a familia na chegada da andaina.
A continuación describo a proba, tanto a información previa como a proba en si.
X Andaina Concello Salceda de Caselas – 2017
O sábado 20 de maio do 2017 participei por segunda vez na Andaina Concello Salceda de Caselas (esta foi a miña primeira andaina hai 1 ano), encadrada dentro da Copa Galicia de andainas de 50 km, que transcurriu polos camiños e sendeiros dos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño e Tui. No meu caso participei na de 50km. Ademais había outras 2 versións, de 33 km con subida ao Aloia e de 30 km planos.
A continuación describo a proba, tanto a información previa como a proba en si.
Pontevedrada. Andaina-marcha solidaria nocturna de Pontevedra a Santiago de Compostela
O pasado fin de semana (29-30 de abril do 2017) participei na Pontevedrada, unha andaina-marcha solidaria nocturna de 63 kilómetros (creo que algúns máis) polo Camiño de Santiago portugués, dende Pontevedra ata Santiago de Compostela. Era a sétima edición dunha marcha que se celebra o último fin de semana de abril. O obxectivo é concienciar á poboación da grande importancia da doazón altruista de sangue, órganos, tecidos e médula. É unha iniciativa que me parece moi interesante apoiar, e coa que concordo, xa que levo 20 anos doando sangue (a última vez hai 2 meses) e hai 18 anos que son doante de órganos. Teño pendente facerme doante de médula, cousa que espero deixar solventada este ano.
II Andaina do Condado – Marqués de Vizhoja – As Neves – Arbo – 08/04/2017
O sábado 8 de abril do 2017 participei na II andaina do Condado – Marqués de Vizhoja, que discurriu polos concellos de As Neves e Arbo, con final nas adegas do Marqués de Vizhoja. No meu caso participei na de 50km. Ademais había outras 2 versións, de 27 km e de 12 km. O domingo todo esto complementábase cun trail, con versión de 21 km ou de 39 km.
A continuación describo a proba, tanto a información previa como a proba en si.