TrueCrypt é un software de código libre e gratuito para cifrar e ocultar no ordenador datos que o usuario considere reservados, empregando para elo diferentes algoritmos de cifrado como AES, Blowfish, CAST5, Serpent, Triple DES e Twofish ou unha combinación deles mesmos.
Existen versións para os sistemas operativos Linux e Windows XP/2000/2003/Vista.
A súa páxina web oficial é truecrypt.org
Nesta web podes descargar os paquetes para o idioma galego para esta ferramenta.
- Versión 0.0.2 en formato xml e arquivo comprimido (zip)
Para instalar a traducción simplemente tes que descargar o arquivo xml ao mesmo directorio onde se atopa o programa TrueCrypt (por defecto C:\Archivos de programa\TrueCrypt\) e tras executar o programa, cambiar de idioma, a través do menú do programa, Settings->Language…